|

O Foro Mundial de Educación Infantoxuvenil, recentemente celebrado en Osasco (São Paulo, Brasil), iniciou as tres actividades que terá o Foro Mundial de Educación en 2010, xusto cando se cumpren 10 anos da súa existencia. Palestina e a multiculturalidade, en outubro, e Galicia e a cultura de paz, en decembro, serán os vindeiros pasos. |
Durante todo o mes de xaneiro a web do Foro 2010 irá sufrindo diversos trocos para comezar co proceso de inscrición e presentación de actividades autoxestionadas –para o Foro Mundial de Educación temático– e de comunicacións para os congresos. Está previsto que o prazo de inscricións comece a finais de febreiro. Do mesmo xeito, iremos informando sobre outras cuestións, como a dotación de bolsas, xestión de aloxamentos, etc. O proceso de tradución ás diferentes linguas tamén está en marcha. |
|
Coa ruta xacobea como eixe, Santiago será no 2010 epicentro das estratexias mundiais da cultura da non violencia, coa presenza da Alianza de Civilizacións e do comité Nobel. A ‘Declaración de Compostela’ elevará a paz a dereito universal.
|
|
Ao final da década dos 80, os acordos de Reykiavik, o fin da guerra fría e a caída do muro de Berlín permitían augurar que a ameaza nuclear e a carreira armamentística darían, progresivamente un paso cara a un replantexamento das estratexias bélicas e, xa que logo, das armas necesarias para facer fronte á nova natureza dos conflitos, deixando unha ampla marxe para “os dividendos da paz”, que permitirían iniciar unha nova era, cunhas Nacións Unidas renovadas, dotadas dos recursos humanos, financeiros e técnicos apropiados. >ASINA O MANIFESTO |
|
Manifesto lido o 25 de outubro de 2009 con motivo da Marcha Mundial pola Paz e Non Violencia. |
|
A concesión do Premio Nobel da Paz a Barack Obama, presidente dos EE.UU, por parte do Comité Noruegués reunido en Oslo, esperta sensacións contraditorias.
|
|
|