Skip to content

Foro 2010 - Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de Paz

Site Tools
Increase font size Decrease font size Default font size

EL FÒRUM 2010 SE CELEBRARÀ AL DESEMBRE D'AQUEST ANY A SANTIAGO DE COMPOSTEL·LA I COMPTARÀ AMB ELS SEGÜENTS ESDEVENIMENTS

4 a 6-XII-2010
7 a 8-XII-2010
9 a 10-XII-201010 a 13-XII-2010
14 a 15-XII-20103 a 15-XII-2010
You are here: Páxina inicial
Avance de actividades FME a 2 de setembro

Listaxe de actividades presentadas até o 2 de setembro. O prazo definitivo remata o 30 de setembro. Contacte con Aquesta adreça electrònica s'està protegint contra robots de correu brossa. Necessiteu que el JavaScript estigui habilitat per a mostrar-la se a súa actividade non está correcta. Novos prazos.

Actualizada: 02/09/2010; 18:00 h.

Listaxe breve de propostas de actividade
Listaxe de propostas de actividade con descrición das mesmas
Listaxe breve por orde alfabética de organizacións
 
Proposta de actividades autoxestionadas FME
O prazo de presentación de propostas amplíase até o 30 de setembro, especialmente para incluír a presentación de experiencias educativas –formais e non formais– no Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de Paz.
 

INSCRICIÓNS PARA O FORO 2010

Abriuse o prazo de inscrición para os eventos do Foro 2010. Os e as participantes poden inscribirse para todos os eventos (Foro Mundial de Educación e tres congresos académicos) ou para cada un deles por separado. Existen tarifas especiais para habitantes do Sur xeopolítico, así como para inscricións de 5 ou máis membros dunha organización, que terán un 30% de desconto. O prazo de inscrición rematará o 1 de novembro de 2010

 
Dúbidas sobre as actividades autoxestionadas
Explicación sobre a mecánica da presentación de actividades autoxestionadas para o Foro Mundial de Educación temático. O prazo de presentación de propostas remata o 30 de xuño.
 
Que é o Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de Paz
O Foro Mundial de Educación (FME) é un movemento pola cidadanía planetaria e polo dereito universal á educación. Dende o ano 2001 constitúese nun espazo de constante diálogo entre todos os que, no mundo globalizado, levan adiante proxectos de educación popular –sexa esta formal ou informal– e de enfrontamento ao neoliberalismo, sexa en esferas públicas, gobernamentais ou non, colectivas ou de investigación. Está enmarcado no proceso do Foro Social Mundial (FSM).
 
Congreso Internacional sobre Información e Dereitos Humanos

O Congreso Internacional sobre Información e Dereitos Humanos está organizado pola Fundación Ciencias da Documentación –Presidente D. José Raúl Vaquero Pulido– e a Fundación Cultura de Paz –Presidente D. Federico Mayor Zaragoza–, co asesoramento da Asociación Pro Dereitos Humanos de España (APDHE).

 
Bonos de Solidariedade
O desprazamento a Europa de moitos habitantes do Sur Xeopolítico para participar no Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de Paz, non resulta viábel economicamente, polo que o Comité Organizador apela a organizacións, redes e institucións do Norte a mercar bonos solidarios para contribuír a unha caixa común que axude a facilitar o desprazamento do maior número de persoas posíbel. Os bonos son de 20 euros, e poden mercar tantos como desexen. Os ingresos pódense facer por transferencia bancaria ou por medio da plataforma de pagamento desta web.
 
Guía práctica para entender o Foro 2010
Manual práctico en formato pdf sobre o Foro 2010: que é, quen organiza, en que consiste, eventos, como participar... Preséntase nas versións en galego, español, inglés e portugués.
 
Congreso Internacional sobre o Dereito Humano á Paz
O grande obxectivo do Congreso Internacional sobre o Dereito Humano á Paz é debater e aprobar entre os representantes da sociedade civil o texto final dunha declaración universal do dereito humano á paz, que será presentado ante as Nacións Unidas (Consello de Dereitos Humanos), para invitar aos Estados Membros a iniciar a codificación oficial do dereito humano á paz. Tamén se invitará a toda a sociedade civil a aprobar os Estatutos do futuro Observatorio Internacional do Dereito Humano á Paz.
 
Congreso Internacional sobre Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz

Os días 14 e 15 de decembro de 2010 o Proxecto de Investigación Interuniversitario “Nomes e voces” organiza, ao aveiro do Foro 2010 o Congreso Internacional: Memoria da Guerra, reconciliación e cultura de paz.

 
Bàner
Bàner
Inscricións

actividades autoxestionadas



Bàner
Bàner
Bàner
Bàner

Qui està connectat?

Tenim 166 visitants en línia