| Carta para un mundo non violento |
|
|
|
|
Carta para un Mundo Non ViolentoNingún Estado ou individuo pode estar seguro dunha maneira insegura. Os valores da non violencia, nos intentos, nos pensamentos e nas practicas, pasaron de ser unha alternativa a unha necesidade. Estamos convencidos que o respecto dos principios da non violencia introducirá unha orde mundial mais civilizada e pacifica, no que sistemas mais xustos e eficaces de gobernar, respectuosos coa dignidade humana e coa sacralidade da vida poidan ser unha realidade. As nosas culturas, as nosas historias e as nosas vidas individuais están interrelacionadas e as nosas accións son interdependentes. Hoxe como nunca antes, cremos que será unha verdade que nos espera: o noso é un destino común, un destino que será determinado polas nosas intencións, decisións e accións de hoxe. Estamos firmemente convencidos de que crear unha cultura da paz e da non violencia, aínda sendo un proceso longo e difícil, é un obxectivo nobre e necesario. Afirmar os principios enunciados nesta Carta é un primeiro paso, de vital importancia, para garantir a supervivencia e o desenvolvemento da humanidade e lograr un mundo sen violencia. Nós, Premios Nobel da Paz e Organizacións Nobel pola Paz, Reafirmando o noso empeño coa Declaración Universal dos Dereitos Humanos, Preocupados da necesidade de poñer fin á difusión da violencia en todos os niveis da sociedade e, sobre todo, ás ameazas que acochan a nivel global contra a humanidade, Reafirmando que a liberdade de pensamento e de expresión están na raíz da democracia e da creatividade, Recordando que a violencia maniféstase de moitas formas, como conflito armado, ocupación militar, pobreza, explotación económica, destrución do ambiente e prexuízos baseados en preferencias de raza, relixión, xénero ou orientación sexual, Recoñecendo que o culto á violencia, así como se difunde a través da cultura popular, afai á aceptación da mesma como condición normal e admisible, Convencidos que a violencia causa o maior dano a aqueles que son mais débiles e vulnerables; Reparando en que a paz non é soamente a ausencia de violencia senón a presenza da xustiza, Considerando que un inadecuado recoñecemento, de parte dos Estados, das diversidades étnicas, culturais e relixiosas esta na raíz de moita da violencia que existe no mundo, Recoñecendo a urxencia de desenvolver un modelo alternativo á seguridade nacional baseado nun sistema no que ningún país, ou grupo de países, deban contar coas armas nucleares para a súa propia seguridade; Conscientes de que os métodos non violentos para a resolución de conflitos teñen maior éxito cando son adoptados na fase mais precoz posible, Recoñecendo o dereito natural dos oprimidos a resistir pacificamente á opresión, Afirmando que aqueles que teñen investiduras de poder teñen a maior responsabilidade de poñer fin á violencia, onde sexa que se manifeste e de previla cada vez que sexa posible, Convencidos que os principios da non violencia deben triunfar en todos os niveis da sociedade, así como na relacións entre os Estados e as persoas; Chamamos á comunidade internacional a favorecer o desenvolvemento dos seguintes principios:
Para contrastar todas as formas de violencia, alentamos a investigación científica no campo da interacción humana e do dialogo, e invitamos ás comunidades académicas, científicas e relixiosas a axudarnos na transición cara a unha sociedade non violenta e do non-matar. Logo da aprobación do primeiro boceto o 19 de novembro de 2006, no curso do VII Summit Mundial dos Premios Nobel da Paz, a Carta para un Mundo Non Violento foi asinada polos seguintes Premios Nobel, por representantes das Organizacións premiadas co Nobel da Paz e por personalidades recoñecidas a nivel internacional polo seu traballo activo a favor da paz. Asinan a Carta para un Mundo Non Violento Mairead Corrigan MaguireCarlos Filipe Ximenes BeloFrederik Willem De KlerkLech WalesaMikhail GorbachevArchbishop Desmond Mpilo TutuJody WilliamsShirin EbadiBetty WilliamsHis Holiness the Dalai LamaMohamed ElBaradeiJohn HumeAdolfo Perez EsquivelWangari MaathaiAmerican Friends Service CommitteeRede Cross ItalyInternational Atomic Energy AgencyInternational Physicians for the Prevention of Nuclear WarInternational Peace BureauApoian a Carta para un Mundo Non Violento Mr. Tadatoshi Akiba, President of the World’s Mayors for PeaceMr. Walter Veltroni, Mayor of Rome, World’s Mayor of Mayors for PeaceProf. Monkombu Sambasivan Swaminathan, President of Pugwash Conferences on Science and World Affairs, Nobel Peace Organization.Para mais informação sobre o "não-matar", ver: http://www.nonkilling.org http://www.youtube.com/globalnonkilling http://en.wikiversity.org/wiki/School:Nonkilling_studies http://en.wikipedia.org/wiki/Nonkilling Em espanhol, entrada en Wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/No-matar Ainda, o livro "Nonkilling global political science" foi traduzido para galego (http://www.igesip.org/senmatar.pdf) e português (http://www.igesip.org/semmatar.pdf) pelo IGESIP em 2006. Vai ser publicado em espanhol pelo Fondo de Cultura Económica este ano. |