Skip to content

Foro 2010 - Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de Paz

Site Tools
Increase font size Decrease font size Default font size
You are here: Páxina inicial ARTIGOS Carta para un mundo non violento
Carta para un mundo non violento PDF fitxategia Inprimatu E-posta

Este documento é o froito de diversos anos de traballo dos Premios Nobel da Paz. Como primeiro boceto da Carta para un mundo non violento o documento foi aprobado durante a sétima edición do Summit. No curso do ultimo ano os Premios Nobel da Paz traballaron xuntos as modificacións introducidas na Carta até compoñer o texto aquí presente. A Carta será aprobada oficialmente polos Premios Nobel da Paz durante a oitava Edición do Summit.

Carta para un Mundo Non Violento

Ningún Estado ou individuo pode estar seguro dunha maneira insegura. Os valores da non violencia, nos intentos, nos pensamentos e nas practicas, pasaron de ser unha alternativa a unha necesidade.

Estamos convencidos que o respecto dos principios da non violencia introducirá unha orde mundial mais civilizada e pacifica, no que sistemas mais xustos e eficaces de gobernar, respectuosos coa dignidade humana e coa sacralidade da vida poidan ser unha realidade.

As nosas culturas, as nosas historias e as nosas vidas individuais están interrelacionadas e as nosas accións son interdependentes.

Hoxe como nunca antes, cremos que será unha verdade que nos espera: o noso é un destino común, un destino que será determinado polas nosas intencións, decisións e accións de hoxe.

Estamos firmemente convencidos de que crear unha cultura da paz e da non violencia, aínda sendo un proceso longo e difícil, é un obxectivo nobre e necesario. Afirmar os principios enunciados nesta Carta é un primeiro paso, de vital importancia, para garantir a supervivencia e o desenvolvemento da humanidade e lograr un mundo sen violencia.

Nós, Premios Nobel da Paz e Organizacións Nobel pola Paz,

Reafirmando o noso empeño coa Declaración Universal dos Dereitos Humanos,

Preocupados da necesidade de poñer fin á difusión da violencia en todos os niveis da sociedade e, sobre todo, ás ameazas que acochan a nivel global contra a humanidade,

Reafirmando que a liberdade de pensamento e de expresión están na raíz da democracia e da creatividade,

Recordando que a violencia maniféstase de moitas formas, como conflito armado, ocupación militar, pobreza, explotación económica, destrución do ambiente e prexuízos baseados en preferencias de raza, relixión, xénero ou orientación sexual,

Recoñecendo que o culto á violencia, así como se difunde a través da cultura popular, afai á aceptación da mesma como condición normal e admisible,

Convencidos que a violencia causa o maior dano a aqueles que son mais débiles e vulnerables;

Reparando en que a paz non é soamente a ausencia de violencia senón a presenza da xustiza,

Considerando que un inadecuado recoñecemento, de parte dos Estados, das diversidades étnicas, culturais e relixiosas esta na raíz de moita da violencia que existe no mundo,

Recoñecendo a urxencia de desenvolver un modelo alternativo á seguridade nacional baseado nun sistema no que ningún país, ou grupo de países, deban contar coas armas nucleares para a súa propia seguridade;

Conscientes de que os métodos non violentos para a resolución de conflitos teñen maior éxito cando son adoptados na fase mais precoz posible,

Recoñecendo o dereito natural dos oprimidos a resistir pacificamente á opresión,

Afirmando que aqueles que teñen investiduras de poder teñen a maior responsabilidade de poñer fin á violencia, onde sexa que se manifeste e de previla cada vez que sexa posible,

Convencidos que os principios da non violencia deben triunfar en todos os niveis da sociedade, así como na relacións entre os Estados e as persoas;

Chamamos á comunidade internacional a favorecer o desenvolvemento dos seguintes principios:

  1. Primeiro: Nun mundo interdependente, a prevención e o cese dos conflitos armados entre Estados e dentro dos Estados require unha acción colectiva de parte da comunidade internacional que, á súa vez, require reforzar reformas ao sistema ONU e ás organizacións de cooperación rexional, co fin de autorizar ás mesmas e consentilas para promover un sistema de seguridade mundial, antes que unha seguridade nacional de países singulares competindo entre si pola supremacía.
  2. Segundo: Para lograr un mundo sen violencia, os Estados deben respectar sempre o estado de dereito e honrar os seus acordos xurídicos e aplicar sancións aos infractores.
  3. Terceiro: É esencial encamiñarse sen mais retardos cara á eliminación das armas nucleares e doutras armas de destrución masiva. Os Estados que detentan tales armas deben dar pasos concretos cara o desarme e adoptar un sistema de defensa que non se basee na disuasión nuclear. Ao mesmo tempo os Estados deben empeñarse en consolidar un réxime de non proliferación nuclear, reforzando tamén verificacións multilaterais, protexendo o material nuclear e levando adiante o desarmamento.
  4. Cuarto: Para reducir a violencia na sociedade, a produción e a venda de armas pequenas e lixeiras debe reducirse e ser rigorosamente controlada a nivel internacional, estatal, rexional e local. Ademais, debe existir unha total e universal aplicación dos acordos internacionais en materia de desarmamento, por exemplo o Tratado para a Prohibición de Minas de 1997, e o sostén de novos esforzos dirixidos a eliminar o impacto das armas indiscriminadas e activadas polas vítimas, por exemplo as municións cluster.
  5. Quinto: Expresamos forte condena ao terrorismo, porque a violencia xera violencia e porque ningún acto de terror contra as poboacións civís de ningún país pode ser perpetrado en nome de ningunha causa. A loita contra o terrorismo non pode, con todo, xustificar a violación dos dereitos humanos, do dereito humanitario internacional, das normas da sociedade civil e da democracia.
  6. Sexto: Poñer fin á violencia doméstica e nas familias esixe o respecto incondicional da igualdade, da liberdade, da dignidade e dos dereitos das mulleres, dos homes e dos nenos, de parte de todos os individuos e institucións do estado, da relixión e da sociedade civil. Tales tutelas deben incorporarse ás leis e ás convencións locais e internacionais.
  7. Sétimo: Cada individuo e Estado comparten a responsabilidade de previr a violencia contra os nenos e os moz@s, quen representan o noso futuro común e o noso ben mais precioso, e promover oportunidades de instrución, o acceso á asistencia sanitaria primaria, a seguridade persoal, a tutela social e un clima favorecedor que reforce a non violencia como estilo de vida e non como soño utópico. A educación na paz e a non violencia debe ser parte dos programas escolares.
  8. Oitavo: Previr os conflitos derivados do esgotamento dos recursos naturais e, en particular, das fontes de auga e de enerxía esixe que os Estados desenvolvan un rol activo e institúan sistemas xurídicos e modelos dedicados á protección do ambiente e á contención do seu consumo en base á dispoñibilidade dos recursos e ás reais necesidades do home.
  9. Noveno: Chamamos ás Nacións Unidas e aos seus Estados membros para que tomen en consideración medios e métodos para promover un recoñecemento significativo das diversidades étnicas, culturais e relixiosas nos estados nacionais multi-étnicos. O principio moral dun mundo non violento é: “trata aos demais como quixeses que os outros che traten a ti”
  10. Décimo: Os principais instrumentos políticos necesarios para poñer en ser un mundo non violento son o dialogo baseado na dignidade, a negociación e o compromiso, conducidos no respecto do equilibrio entre as partes involucradas, pero tendo tamén presente os aspectos da sociedade humana na súa totalidade e do ambiente en que vive.
  11. Décimo primeiro: Todos os Estados deben destinar recursos suficientes á integridade da distribución dos recursos económicos e resolver grandes iniquidades que crean un terreo fértil para a violencia. A disparidade de condicións de vida leva inevitablemente á falta de oportunidades, e en moitos casos á perda de esperanza.
  12. Décimo segundo: A sociedade civil en todas as súas articulacións, incluídos os defensores dos dereitos humanos, os pacifistas e os activistas ambientais, debe ser recoñecida como esencial para a construción dun mundo non violento, así como todos os gobernos deben servir aos seus propios cidadáns e non ao contrario. Deben crearse as condicións para permitir e alentar a participación da sociedade civil nos procesos políticos a nivel mundial e local o que implica a autorización e a tutela dos defensores dos dereitos humanos, dos activistas da paz e da protección do ambiente, a quen as súas actividades a miúdo póñenos en risco.
  13. Décimo terceiro: Implementando os principios desta Carta, dirixímonos a todos para que se traballe xuntos por un mundo xusto e sen mortes intencionais, no que cada un teña o dereito a non ser matado e á súa vez o deber de non matar a ninguén.

Para contrastar todas as formas de violencia, alentamos a investigación científica no campo da interacción humana e do dialogo, e invitamos ás comunidades académicas, científicas e relixiosas a axudarnos na transición cara a unha sociedade non violenta e do non-matar.

Logo da aprobación do primeiro boceto o 19 de novembro de 2006, no curso do VII Summit Mundial dos Premios Nobel da Paz, a Carta para un Mundo Non Violento foi asinada polos seguintes Premios Nobel, por representantes das Organizacións premiadas co Nobel da Paz e por personalidades recoñecidas a nivel internacional polo seu traballo activo a favor da paz.


Asinan a Carta para un Mundo Non Violento

Mairead Corrigan Maguire
Carlos Filipe Ximenes Belo
Frederik Willem De Klerk
Lech Walesa
Mikhail Gorbachev
Archbishop Desmond Mpilo Tutu
Jody Williams
Shirin Ebadi
Betty Williams
His Holiness the Dalai Lama
Mohamed ElBaradei
John Hume
Adolfo Perez Esquivel
Wangari Maathai
American Friends Service Committee
Rede Cross Italy
International Atomic Energy Agency
International Physicians for the Prevention of Nuclear War
International Peace Bureau

Apoian a Carta para un Mundo Non Violento

Mr. Tadatoshi Akiba, President of the World’s Mayors for Peace
Mr. Walter Veltroni, Mayor of Rome, World’s Mayor of Mayors for Peace
Prof. Monkombu Sambasivan  Swaminathan, President of Pugwash Conferences on Science and World Affairs, Nobel Peace Organization.

Ainda, o livro "Nonkilling global political science" foi traduzido para galego (http://www.igesip.org/senmatar.pdf) e português (http://www.igesip.org/semmatar.pdf) pelo IGESIP em 2006. Vai ser publicado em espanhol pelo Fondo de Cultura Económica este ano.