Skip to content

Foro 2010 - Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de Paz

Site Tools
Increase font size Decrease font size Default font size
You are here: Páxina inicial
O Comité Organizador avanza PDF Imprimir Correo-e

A terceira xuntanza do Comité Organizador do Foro 2010 tivo lugar no Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela, o pasado día 24 de abril coa asistencia de membros de institutos de estudos para a paz de toda a Península. Pode consultar a acta da xuntanza.



ORDE DO DÍA E AXENDA

10:00-. Acto de apertura institucional (Intervirán as representacións institucionais presentes: Universidade, Concello, Xunta de Galicia, o Presidente do Consello da Cultura Galega e o presidente do Comité Organizador)

10:30-. Sesión ordinaria do Comité Organizador do Foro 2010 (Intervención do Presidente e do Secretario Coordinador)

* Saúda do Presidente
* Información do Sº Coordinador sobre as xestións e actividades realizadas desde a última xuntanza
* Presentación dos novos membros do Comité Organizador

11:00-. Ratificación do Programa e os contidos do Foro 2010

* Novas achegas ao Programa: Dereito Humano á Paz; Memoria histórica, Reconciliación e Cultura de Paz; Encontro Mundial sobre Información e Dereitos Humanos...
* Comité de Honra, Comité Organizador, Patrocinadores, Promotores e Adhesións (individuais e colectivas)

12:30-. Pausa para o café (Roda de prensa)

13:00-. Avances sobre o Plan Financeiro, invitados e bolsas.

13:30-. Actividades culturais paralelas e Plan de Difusión do Foro 2010

14:00-. Próxima reunión e Clausura.

14:30-. Comida