Skip to content

Foro 2010 - Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de Paz

Site Tools
Increase font size Decrease font size Default font size
You are here: Páxina inicial Xuntanza subcomité galego (maio 2009)
Constituído o subcomité galego do Foro 2010 PDF Imprimir Correo-e

Tal e como estaba previsto o día 28 de Maio, constituiuse o Subcomité Organizativo do Foro 2010, nos locais do Seminario Galego de Educación para a Paz coa presenza das seguintes entidades: Campaña Mundial pola Educación, Médicos do Mundo, IGADI, CC:OO, Xeneme, Colexio de Educación Social de Galicia, Fundación Galiza Sempre, Colexio de Psicoloxía de Galicia, Foro de Inmigración, Departamento de Historia Contemporánea da USC, STEG e Seminario Galego de Educación para a Paz. Disculparon Altermundo e Ospaaal Galicia.

 

ACTA DA XUNTANZA

Manuel Dios, do SGEP, Sº Coordinador do Foro 2010, dou a benvida as entidades presentes e agradeceu a súa disponibilidade para formar este subcomité organizativo e loxístico do Foro 2010 en Santiago de Compostela para concretar os acordos do Comité Organizador celebrado o pasado día 24 de Abril (Acta na web).

Explicou que o CO suxerira a creación dun subcomité, máis operativo e reducido en Santiago, con tódalas organizacións que poidesen, con carácter estable e permanente. Dou conta dos eventos que formarían parte do Foro 2010:

Foro Mundial de Educación temático sobre "Educación, Investigación e Cultura de Paz" a celebrar entre o 9 e o 13 de Decembro de 2010 de acordo co programa que levamos avanzado e con actividades autoxestionadas seguindo a dinámica dos foros sociais mundiais. Reunión do Consello Internacional do FME.

  1. Reunión Internacional de membros do Grupo de Alto Nivel de nacións Unidas para a Alianza de Civilizacións
  2. Reunión Internacional dos coordinadores do Decenio da Cultura da paz e a non violencia (2001-2010)
  3. Congreso Internacional sobre o Dereito Humano á Paz
  4. Congreso Internacional sobre "Información e dereitos humanos"
  5. Congreso Internacional sobre Memoria Histórica, Reconciliación e Cultura de Paz.
  6. Congreso da Rede Internacional dfe Museos de Paz

Paralelamente ós citados eventos e durante todo o mes de decembro de 2010 habería distintas actividades artísticas, culturais e musicais en diversos espazos da cidade (pintura, fotoxornalismo, literatura, cinema, videoxogos, banda deseñada...) segundo o programa provisorio elaborado.

Informou tamén da necesidade de elaborar un plan de difusión do Foro 2010, de involucrar a redes de moi distinto ámbito, movementos sociais, centros educativos, ONGs, colexios profesionais, sindicatos, universidades, observatorios da convivencia, consellos escolares do estado e das CC.AA, MRPs, etc. de elaborar un esquema gráfico e visual do Foro para meter na web, acollementos, hoteis, comidas,. espazos para os distintos actos (Cidade da Cultura, Palacio de Congresos, Auditorium, universidade, sas de exposicións, etc.), actualización da web para incluir as matrículas, comunicacións, propostas...e o tema das contas.

Abreuse logo un turno de intevencións no que as distintas entidades presentes fixeron aportacións diversas, entre elas, Xabier, da Fundación Galiza Sempre, insistíu na necesidades de coñecer os recursos cos que se conta porque en función diso poderemos deseñar un tipo de actos ou outro, evitar as dispersións e agrupar na medida do posible os eventos, darlle repercusión internacional e centrarse sobre todo no FME temático.

Lourenzo Fernández Prieto, da USC, pedíu tamén máis información sobre os recursos cos que contaremos, tanto do estado como da Xunta, coincidíu en agrupar eventos, implicar a outras entidades (universidades, conferencia de reitores, concello, etc).

Sofía de Xeneme citou ademáis ós colexios profesionais e María Xesús de CC.OO tamén insistíu en ter unha referencia estimativa dos recursos.

Manuel Dios como Sº Coordinador dou conta das xestións realizadas ata a data co anterior goberno bipartito, dos acordos verbais existentes, así como da axuda prevista do Estado (Educación, Exteriores e Cultura), da solicitude a entidades privadas como a Fundación Amancio Ortega, Caixa Galicia, Caixa Nova, dos compromisos do Concello e da USC. Tamén anunciou varias entrevistas co novo goberno, a primeira co novo Director Xeral de Relacións Institucionais, Roberto Crespo, e outras pendentes con Presidencia, Cultura, Educación, Plan Xacobeo, etc. Neste senso, considerou preciso dar un tempo para ver como se concretan estas xestións.

A mediados de Xuño informará dos resultados e anunciará cada entrevista por mail para que as entidades que o desexen asistan.

E sen máis asuntos douse por pechada a reunión.

Manuel Dios Diz
Sº Coordinador Foro 2010