Manoel Santos (Altermundo)-. Por iniciativa, entre outros, do SGEP Galicia acollerá
na primeira quincena de decembro a celebración dun Foro Mundial de
Educación temático (FME), que chega por primeira vez a Europa. É o
maior movemento popular na defensa da educación que nunca existiu. |
|
O prazo de presentación de propostas amplíase até o 30 de setembro, especialmente para incluír a presentación de experiencias educativas –formais e
non formais– no Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de
Paz. |
INSCRICIÓNS PARA O FORO 2010Abriuse o prazo de inscrición para os eventos do Foro 2010. Os e as participantes poden inscribirse para todos os eventos (Foro Mundial de Educación e tres congresos académicos) ou para cada un deles por separado. Existen tarifas especiais para habitantes do Sur xeopolítico, así como para inscricións de 5 ou máis membros dunha organización, que terán un 30% de desconto. O prazo de inscrición rematará o 1 de novembro de 2010. |
|
O desprazamento a Europa de moitos habitantes do Sur Xeopolítico para participar no Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de Paz, non resulta viábel economicamente, polo que o Comité Organizador apela a organizacións, redes e institucións do Norte a mercar bonos solidarios para contribuír a unha caixa común que axude a facilitar o desprazamento do maior número de persoas posíbel. Os bonos son de 20 euros, e poden mercar tantos como desexen. Os ingresos pódense facer por transferencia bancaria ou por medio da plataforma de pagamento desta web. |
|
Explicación sobre a mecánica da presentación de actividades autoxestionadas para o Foro Mundial de Educación temático. O prazo de presentación de propostas remata o 30 de xuño. |
|
O Foro Mundial de Educación (FME) é un movemento pola cidadanía planetaria e polo dereito universal á educación. Dende o ano 2001 constitúese nun espazo de constante diálogo entre todos os que, no mundo globalizado, levan adiante proxectos de educación popular –sexa esta formal ou informal– e de enfrontamento ao neoliberalismo, sexa en esferas públicas, gobernamentais ou non, colectivas ou de investigación. Está enmarcado no proceso do Foro Social Mundial (FSM). |
|
O Congreso Internacional sobre Información e Dereitos Humanos está organizado pola Fundación Ciencias da Documentación –Presidente D. José Raúl Vaquero Pulido– e a Fundación Cultura de Paz –Presidente D. Federico Mayor Zaragoza–, co asesoramento da Asociación Pro Dereitos Humanos de España (APDHE). |
|
|
Manual práctico en formato pdf sobre o Foro 2010: que é, quen organiza, en que consiste, eventos, como participar... Preséntase nas versións en galego, español, inglés e portugués.
|
|
O grande obxectivo do Congreso Internacional sobre o Dereito Humano á Paz é debater e aprobar entre os representantes da sociedade civil o texto final dunha declaración universal do dereito humano á paz, que será presentado ante as Nacións Unidas (Consello de Dereitos Humanos), para invitar aos Estados Membros a iniciar a codificación oficial do dereito humano á paz. Tamén se invitará a toda a sociedade civil a aprobar os Estatutos do futuro Observatorio Internacional do Dereito Humano á Paz. |
|
Os días 14 e 15 de decembro de 2010 o Proxecto de Investigación Interuniversitario “Nomes e voces” organiza, ao aveiro do Foro 2010 o Congreso Internacional: Memoria da Guerra, reconciliación e cultura de paz. |
|
|