|
O grande obxectivo do Congreso Internacional sobre o Dereito Humano á Paz é debater e aprobar entre os representantes da sociedade civil o texto final dunha declaración universal do dereito humano á paz, que será presentado ante as Nacións Unidas (Consello de Dereitos Humanos), para invitar aos Estados Membros a iniciar a codificación oficial do dereito humano á paz. Tamén se invitará a toda a sociedade civil a aprobar os Estatutos do futuro Observatorio Internacional do Dereito Humano á Paz. |
|
Será organizado pola AEDIDH, en asociación coa rede de ONG e institucións que forman parte da Alianza Mundial a favor do Dereito Humano á Paz (ver www.aedidh.org). |
|
Data: O Congreso terá lugar en Santiago de Compostela os días 9 e 10 de decembro de 2010. Lugar: Palacio de Congresos, Fundación Araguaney o Cidade da Cultura, aínda por decidir. |
|
O Congreso Internacional desenvolverase durante dúas xornadas, en catro sesións de tres horas cada unha (mañá e tarde). Traballarase en Pleno e en Comisións, conforme ao seguinte programa: |
|
|
|
|
|